Translate

jueves, 26 de enero de 2023

OBRADOIRO ROMINA

 Ola a todas e todos!!

Este martes visitounos Romina,  
a mamá de Martina, e falounos sobre o 
seu traballo de mariscadora.
Recolle ameixas no mar, na NATUREZA
e Martina e Romina explicáronnos que 
é un traballo físicamente moi duro, 
porque hai que estar moito tempo seguido
 agachado e no inverno estar ao frío.
As mariscadoras compran as ameixas  cando 
son pequenas para sementalas, 
e despois cóidanas ata que medran.
Algunhas veces teñen que vixiar para que 
a xente que vai á praia non colla as ameixas,
 xa que está prohibido. 
As ameixas NACEN, MEDRAN e REPRODÚCENSE
é dicir, dan lugar a moitas máis ameixas pequenas.
Agora xa sabemos que por iso son SERES VIVOS!!
Tamén nos demos conta porque 
algunha moveuse e botounos auga!!
Romina leva diferentes utensilios para coller as
ameixas: o balde, a medida, o pincho, o rastrillo...
 

Sorprendeunos saber que  non pode 
coller todas as ameixas que encontra, 
só as que lle piden ese día as súas xefas.
Por iso ten a súa MEDIDA para 
coller as ameixas: leva un bote de 
1 kilo (1kg) e así sempre sabe canto colleu.
Despois de coller as ameixas na NATUREZA
ten que levalas á LONXA, e alí pésanas, 
mídenas e sepáranas por tipos.
E despois diso lévanas a unha DEPURADORA para limpalas moi ben antes de que mandalas para as FÁBRICAS ou aos SUPERMERCADOS.
Explicounos que a ameixa é un alimento moi
 saudable,  e tróuxonos distintos tipos, 
ensinándonos como se chamaba cada unha:
BABOSA, FINA, JAPÓNICA, 
BERBERECHO, RELÓ, CARNEIRO...
 Acordádesvos de cal era cal??
Como estivemos moi atentos e atentas
puidemos facer un xogo tratando de dicir correctamente de que tipo era cada ameixa!!
Fixémolo moi ben!!
Ademais foi moi divertido...
...e conseguimos moitos puntos!!
Para rematar, Martina repartiunos un agasallo
moi doce con forma de ameixa!!
Moitas grazas Romina por acompañarnos 
nesta mañá e explicarnos a túa profesión
Gustounos aprender sobre un traballo
que se realiza na NATUREZAe comprender
 a relación que ten con outros traballos 
que se realizan nas FÁBRICAS 
ou que dan SERVIZOS.
Foi moi interesante recordar que todos os 
traballos son importantes e que todos 
teñen unha parte difícil. 
Tamén tamén ver que,  igual que 
no cole,  en todos os traballos hai unhas
normas que debemos cumplir.
E moitas grazas a Martina por 
ser unha excelente axudante!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata a próxima!!    

1 comentario: