Translate

lunes, 6 de febrero de 2023

OBRADOIRO BELERMO

  Ola a todas e todos!!

Hoxe estivo na nosa aula Belermo,
o papá de Sara, e contounos moitas 
cousas sobre a súa profesión de bateeiro.
Tróuxonos unha MAQUETA dunha BATEA 
e explicounos que as bateas son  de madeira 
de eucalipto, e debaixo teñen flotadores 
para que floten sobre o mar. Se se coidan 
moi ben poden durar ata 30 anos!
Andar por enriba dunha batea é moi difícil, 
teñen que ter moito coidado para non caer,
e se caen é moi importante saber nadar!!
Os días de temporal teñen que avanzar de
XEONLLOS, porque é máis perigoso.
Para que non se vaia a batea cando hai temporal, 
no fondo ten unha pedra de moitas TONELADAS
que se chama MORTO, e está enganchada cunha 
cadea á bateaAsí a batea móvese ao ritmo do mar
 e das MAREASSe a cadea se rompe, 
a batea vaise polo mar...
Debaixo da batea colgan as cordas, onde se 
coloca a cría de mexillón cunhas redes 
BIODEGRADABLES, que quere dicir que desaparecen 
soas en poucos días e non dañan o mar. 
A cría de mexillón cóllese antes nas 
rochas. Descubrimos que os mexillóns 
son OVÍPAROS, porque nacen de ovos.
 Despois a cría medra nas cordas da batea 
durante UN ANO E MEDIOou o que é o mesmo, 
18 MESES. Están todo o tempo comendo, pero descubrimos que cando máis medran 
é nas estacións de PRIMAVERA E VERÁN.
Belermo tróuxonos  mexillóns de distintos 
tamaños e fixámonos en que estaban 
ORDENADOS de MAIOR A MENOR
Presentámosvos a Pepín, Pepón, 
Enanín, Enanín Mediano...
 
Coa axuda de Sara mostrounos fotos 
e vídeos moi chulos.
Vimos como son as bateas por debaixo... e explicounos que arredor das cordas hai moitos 
SERES VIVOS formando un ECOSISTEMA
algas, nécoras, camaróns, polbos...
Para sacar os mexillóns do mar para o barco
 axúdanse dun GUINDASTRE e un gran CESTO.
Explicounos tamén que hai diferentes tipos de 
barcos: de motor, de remo ou de vela. 
O mexillón é un alimento moi saudable e pódese 
preparar de moitas formas, todas riquísimas. 
Pero xa sabemos que antes ten que pasar pola 
fábrica ou pola depuradora ata chegar ao mercado.
Belermo utiliza ROUPA DE AUGAS para non
mollarse. É unha roupa feita de plástico, porque 
o plástico  é un material IMPERMEABLE que non deixa pasar a auga. Ten un PETO onde pode gardar as LUVAS
que serven para protexer as mans, por exemplo dos ourizos de mar. Utiliza roupa de augas diferente 
no VERÁN e no INVERNO.
Descubrimos que hai diferentes maneiras de 
traballar: podes ser o teu propio xefe ou podes 
traballar para outras persoas. Pero sempre
hai que estudar e facer cursos para 
 SEGUIR APRENDENDO.
En GALICIA moitos homes e mulleres traballan 
nas bateas, e collen moitos mexillóns que van 
chegar moi lonxe: ITALIA FRANCIA, 
ESTADOS UNIDOS, PORTUGAL...
Para rematar Belermo e Sara 
entregáronnos un agasallo delicioso!!


Moitas grazas Belermo, por visitarnos e
recordarnos como todos os traballos
están relacionados, e que todos son importantes
xa que uns necesitan dos outros.
Aprendemos moito sobre a cría 
dos mexillóns e démonos conta de que 
lle dan traballo a moitas persoas.
Tamén comprendemos que temos moita sorte de 
vivir nun lugar privilexiado, que nos ofrece alimentos súper ricos e saudables e ademais lugares onde 
podemos desfrutar do sol, do mar e algunhas veces 
incluso da compañía dos golfiños. 
E moitas grazas a Sara por 
ser un axudante estupenda!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata a próxima!!    

2 comentarios: