Translate

sábado, 4 de febrero de 2023

DESCIFRANDO PISTAS XUNTOS

Ola a todas e todos!!

Este venres tivemos pistas moi interesantes!

A nosa clase apareceu así:

Tratamos de darlle sentido a esas letras,

pero algo non cadraba...

...polo que decidimos preguntarlle aos

compañeiros e compañeiras de 1º B.

E alá fomos con todo o que atoparamos.

Nada máis chegar vimos que eles

encontraran o mesmo que nós...pero 

coas cores ao revés!! E tamén tiñan letras

que non acababan de cadrar.

Así que colaboramos xuntos para tratar

de atoparlle sentido.


E como xuntos todo se consegue...
desciframos o misterio!!
Ata pronto!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario