Translate

viernes, 3 de febrero de 2023

OBRADOIRO MANUEL

 Ola a todas e todos!!

Hoxe estivo na nosa aula Manuel,
o papá de Xoán, para explicarnos 
como é o seu traballo de bateeiro.
Tróuxonos dúas MAQUETAS: unha BATEA 
e un BARCO. Unha batea de verdade 
é grandísima. Pode ser cinco veces 
máis grande que a nosa clase!
Pode ter ata 500 cordas.
E as cordas poden ser tan longas 
coma o noso pasillo!
Está feita de madeira, e debaixo ten 
seis flotadores para que non afunda. 
Andar por enriba é moi difícil, teñen que 
ter moito coidado para non caer.
Tamén ten unha pedra, que se chama MORTO
que está enganchada á batea por unha cadea. 
Lánzase a pedra ao fondo do mar e serve  para que non se mova a batea do sitio aínda que haxa vento.
Manuel madruga moito para ir traballar, 
pero contounos que agora as MÁQUINAS 
axúdanlles moito no seu traballo, 
e así poden rematar en menos horas.
Ensinounos como collen 
a cría de mexillón nas rochas,

 e como a colocan na corda 
poñendo por enriba unha malla.
Cando medra o mexillón, aos seis meses, colocan 
máis cordas e con axuda dunha MÁQUINA,
poñen unha malla máis grande.
No seu traballo ten que levar LUVAS
para protexer as mans das cunchas e das rochas, 
uPANTALÓN IMPERMEABLE para non mollarse...
...e botas de goma, para non mollar os pés.
Contounos que poden coller mexillón
 en toda a costa de  GALICIA, e despois 
envíase nun CAMIÓN enorme a ITALIA e FRANCIA
Tarda dous días en chegar, 
porque hai máis de 1.000 kilómetros!!
Collen os mexillóns no mar, NA NATUREZA. Despois
poden ir para as FÁBRICAS ou para a DEPURADORA. 
E finalmente para o MERCADO.
Para entender todo moi ben, e ver como traballan
os bateeiros, Manuel ensinounos uns vídeos moi chulos.
Explicounos que é moi importante coidar 
o mar e todos os seres vivos que viven nel, 
xa que todos teñen a súa función.
Os mexillóns pódense comer de moitas maneiras,
e de todas están riquísimos!!
Manuel tróuxonos varias receitas para probalos.
E mentres Xoan nos ensinaba un álbum de fotos
da súa familia traballando na batea...



...Manuel e Paula  preparáronnos
una merendola  moi especial.

 Ensináronnos a raspar moi ben
o mexillón para aproveitar todiños
os seus nutrientes!!

Moitas grazas Manuel, pola merenda tan
rica que nos trouxestes, e tamén por ensinarnos
tanto dunha profesión que temos moi preto.
Transmitíchesnos o bonito de traballar
na natureza, no mar, e tamén que é moi importante
estar preparados, saber nadar,  e ser moi coidadosos para traballar seguros e non facerse dano.
Recordamos o importante que é respectar e coidar
 o mar e a natureza para manter o equilibrio entre 
todos os SERES VIVOS.
E moitas grazas a Xoán por 
ser un axudante xenial!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata a próxima!!    

1 comentario: