Ola a todas e todos!!
O xoves visitounos Débora, a mamá de Irene,
e contounos como é o seu traballo nunha XESTORÍA.
Comezamos reflexionando sobre para que
serven os cartos, e démonos conta de que
moitas das cousas que temos e facemos
necesitamos pagalas con diñeiro.
Hai outras cousas que tamén costan diñeiro
e parece que non as pagamos nós directamente,
coma os diferentes servizos que ofrece o Concello.
Pero comprendemos que os pagamos
todos cos nosos IMPOSTOS.
Pero...que son os IMPOSTOS?
Para comprendelo moi ben Débora
propúxonos facer un teatrillo!!
Explicounos que é unha FACTURA,
que partes ten e para que serve e
puxémonos mans á obra na nosa tenda.
1º. Vendemos os produtos.
O COMPRADOR PAGOU
e o VENDEDOR COBROU.
2º. Ao recibir o diñeiro dos produtos
os VENDEDORES selaron as facturas cun
selo que poñía "PAGADO".
3º. O COMPRADOR levou a súa FACTURA.
É importante tela, porque se queremos
devolver algún produto necesitámola.
Pero o VENDEDOR tamén se quedou cunha copia.
4º. Por último, o VENDEDOR mirou na súa copia
da factura que parte do diñeiro era de IMPOSTOS...
...e levou ese diñeiro ao "Concello".
Démonos conta de que do diñeiro que lle
pagamos na tenda o vendedor non se queda con todo.
Ten que quitar unha parte para pagar os IMPOSTOS.
E como na tenda xuntan moitas, moitas facturas,
Débora pode axudarlles a calcular canto diñeiro
teñen que pagar de IMPOSTOS para que non
haxa ningún erro e todo estea correcto!!
Para rematar Irene repartiunos
diñeiro...de chocolate!!
Moitas grazas Débora, polo agasallo que
nos trouxeches e por compartir o teu tempo
con nós para falarnos da túa profesión.
Comprendemos que todos os servizos e
as cousiñas que o Concello coloca nas rúas
e tamén o diñeiro que costa arreglalas pagámolo
entre todos e todas cos nosos impostos.
Gustounos moito practicar as compras con
moedas e billetes na nosa tenda, e
encantounos selar e entregar as facturas!!
Tamén saber que hai persoas que traballan para axudarnos cando temos que facer cálculos
moi importantes con elas.
E moitas grazas a Irene por ser
unha excelente axudante!!
Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!
Ata a próxima!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario